CANCIÓN TRISTE DE ANNAPOLIS



Por Daniel Pipes

Os plans da administración Bush de convocar unha nova rolda de diplomacia árabe israelí o 26 de novembro provocarán, predigo, un dano substancial aos intereses norteamericanos e israelís. Como norma, as negociacións que teñen éxito esixen un obxectivo común; nas conversas entre dirección e patronal, por exemplo, ambas partes queren volver ao traballo. Cando a premisa compartida brilla pola súa ausencia, as negociacións non só fracasan normalmente, senón que normalmente provocan máis mal que ben. Tal é o caso das próximas conversas de Annapolis, Maryland. Unha parte (Israel) busca a coexistencia pacífica mentres que a outra (os árabes) buscan erradicar ao seu socio de negociación, como queda plasmado nas súas violentas accións, os seus patróns electorais, as súas respostas nas enquisas, a retórica política, as mensaxes nos medios, os libros de texto das escolas, os sermóns das mesquitas, as pintadas nas paredes, e moito, moito máis. O dano se provocará no caso de que o goberno israelí faga "dolorosas concesións" e obteña a cambio unha paz teórica ou promesas baleiras, como vén sendo constantemente o caso desde 1979. Os desproporcionados resultados, máis unha vez, suscitarán o xúbilo árabe e a determinación a aniquilar ao estado xudeu. Pola contra, se os israelís se poñen a unha postura conxunta palestino-norteamericana, vexo unha probable crise nas relacións Estados Unidos-Israel de proporcións sen precedentes -peor que a de 1975 ou ate 1957. Iso débese, en parte, a que as apostas estean tan altas. A Secretario de Estado Condolizza Rice declarou que "os Estados Unidos ven o establecemento dun estado palestino, unha solución de dous estados, como absolutamente esencial para o futuro non só dos palestinos e dos israelís senón tamén para Oriente Medio e, na práctica, para os intereses norteamericanos". Se un estado palestino é "absolutamente esencial... para os intereses norteamericanos", quenqueira que se interpoña no seu camiño presumiblemente vai pagar un prezo elevado. Como veño argumentando desde novembro de 2004, as relacións Estados Unidos-Israel penden dun fío. Annapolis fainas aínda máis vulnerables á desorganización. Deixando ao carón estes problemas profundos e ineludibles, as conversas afrontan dous desafíos prácticos: ao lado palestino, "o home de palla de Fatah, Mahmoud Abbás" tópase nunha situación extremadamente débil. "Non hai ningunha dirección palestina sensata que poida repartir un xornal a tempo pola mañá" observa Hirsh Goodman, do Jerusalem Report, "moito menos pór en pé un acordo de paz que aguante a proba do tempo". Pola parte israelí, o primeiro ministerio de Ehud Olmert pode darse de bruzos se os seus socios máis volubles abandonan a coalición de goberno. O SHAS e Yisrael Beiteinu advertiron en contra de dividir Jerusalém. Ehud Barak, cabeza do Partido Laborista, rexeitará presuntamente calquera plan que negue a liberdade de movementos ás Forzas de Defensa de Israel en Cisxordania. A Ministro de Exteriores Tzipi Livni pode renunciar se non se renuncia a un "dereito de retorno" para os palestinos. Que unha enquisa recente conclúa que o 77% dos israelís cren que o seu goberno é "demasiado impopular para asinar un acordo de paz cos palestinos en representación de Israel" incrementa a probabilidade de desercións. Estas pobres perspectivas expón a pregunta: por que, logo de case sete anos de manterse a distancia das negociacións palestino-israelís, a administración Bush sucumbiu agora á espiral?

Algúns factores posibles:

A ameaza iraniana: Rice ve unha oportunidade para a diplomacia norteamericana nun realineamiento de Oriente Medio resultante da agresión iraniana, tanto real (Hezbolá, Hamas) como futura (armas nucleares). A inacción peor: Se non se fai nada, a postura xa triste do Kadima nas enquisas continuará perdendo e o débil control de Fatah sobre Cisxordania se erosionará. A perspectiva dun Likud e de Hamas sucedendo a Olmert e Abbás non agrada á administración Bush máis que estes dous últimos.

Legado: Zbigniew Brzezinski articulou as esperanzas do estamento da política exterior para Annapolis e a súa mala opinión de Rice: "Ela estase dando de conta de que o seu legado agora mesmo é verdadeiramente pobre. Se logra quitarse isto do medio, será recordada coma unha verdadeira figura histórica".

Dereitos civís: Rice cre nunha barroca analoxía entre os palestinos de Cisxordania e os negros do sur na súa infancia.

Mesianismo: Tanto George W. Bush como Rice parecen verse a si mesmos como destinados a solucionar as hostilidades árabe-israelís. Un interlocutor recorda que "ela está segura de que este é o momento de pór fin ao conflito entre israelís e palestinos". Os comentarios de Rice fanse eco tanto das declaracións de George H.W. Bush de 1991 ao redor de que "chegou o momento de pór un final ao conflito árabe-israelí" como do anuncio no 2005 do primeiro ministro israelí Ariel Sharon da súa intención de "resolver este problema dunha vez por todas". Pero, como observou memorablemente Irving Kristol, "Aquel a quen os deuses van destruír, primeiro téntanlle con resolver o conflito árabe-israelí".

Comentarios