A 30 ANOS DA VISITA DE SADAT A ISRAEL


Por Shlomo Ben Ami

Se é certo o dito de que un só home valente é sempre a maioría, velaquí que hai 30 anos, en novembro de 1977, o falecido Presidente de Exipto Anwar Sadat, foi precisamente ese home. O capítulo da apertura da súa iniciativa de paz con Israel, tomou por sorpresa a todos os públicos involucrados no Medio Oriente e cambiou a política da rexión. Desde ese momento a pregunta formulada polos árabes non foi como destruír a Israel, senón baixo que condicións é posible chegar a un acordo co Estado Xudeu.
Cambio na política de Oriente Medio
A iniciativa de paz de Sadat xurdiu por mor dunha profunda análise estratéxica do balance de forzas na rexión. Logo da Guerra de Iom Kipur resultoulle claro que era imposible vencer a Israel polas armas. Sadat executou un movemento táctico cuxo obxectivo era comezar un proceso de paz. Para concretizar os intentos de destruír a Israel, os países árabes necesitaron do apoio militar da ex Unión Soviética; a estratexia de paz exipcia esixiu un pacto cos americanos. Se puidese chegar a un pacto con EE.UU sen un acordo de paz con Israel, é posible que Sadat elixise esa posibilidade. En 1974, cando o xeneral Gamasi - arquitecto da Guerra de Iom Kipur - obxectou a elasticidade nas conversacións sobre os acordos de separación, Sadat tranquilizouno dicindo: "Non o esquezas, nós estamos falando aquí da paz cos americanos".
Un só home valente é maioría
Outra mobilización adicional da estratexia de Sadat foi o afastamento de Exipto da retórica panarabista. O presidente exipcio, esgotado da política no mundo árabe e abatido pola esixencia do seu Goberno de pagar o prezo polo tema palestino, quixo pór énfase na función do seu país como forza situada nun cruzamento estratéxico entre dous continentes, Asia e África. El se propuxo continuar tratando o tema palestino no marco dun concenso árabe, e en ocasións como elemento da súa política exterior, pero en realidade irrompeu co acordo de paz separado con Israel. Da iniciativa de paz de Sadat despréndese, que nos enfrontamentos prolongados, aqueles en os que se mesturan profundos sentimentos de odio histórico, nos cales foron experimentadas case todas as fórmulas diplomáticas, o pánico pode abrir novos camiños cara á paz. O problema fundamental no conflito árabe-israelí foi sempre a falta de capacidade ou a falta de vontade dos líderes para dirixir unha política pacifista que non conte co apoio do que parece como consenso.
Un sentido dramático desenvolvido
En reiteradas ocasións, os dirixentes actúan como reféns do ambiente socio político que os creou, en lugar de modelar ese medio. A Sadat tocoulle un lugar especial na historia no momento en que decidiu fuxir do pracenteiro cárcere da inercia, como así mesmo, da aparente solidariedade e a frívola retórica dos cumios árabes. O exame de liderado non culminou coa visión dramática de Sadat cara ao futuro. El aínda tivo que enfrontar a resposta do Primeiro Ministro de Israel, Menajem Beguin, cara a unha posible paz. Só un falcón político como Beguin, quen contaba cun sentido dramático desenvolvido e era un romanticista político con percepción aguda, podía responder do xeito tan definitivo á iniciativa de Sadat. Durante a visita do presidente exipcio a Xerusalén, este minimizou a importancia do conflito árabe-israelí e converteuno, dun enfrontamento polo dereito á existencia de Israel, nunha loita de intereses distintos entre países soberanos, sobre a cal se pode debater e atopar solucións. A súa chegada a Israel conmocionou a mentalidade da opinión pública e brindoulle un espazo de sustento psicolóxico a unha nación claustrofóbica, que reside no meollo do mundo árabe hostil.

Conmocionou a mentalidade da opinión pública
A paz non é un xogo balanceado, no que os triunfos dunha das partes corren a conta das perdas do adversario. Pero mentres que Exipto chegou á súa meta estratéxica por medio dun acordo de paz -renovar as relacións con EE.UU-, Israel equivocouse cando pensou que Exipto lle abriría as portas do mundo árabe. A chave da conciliación árabe-israelí, permanece no lugar onde sempre estivo, en mans dos palestinos.

Comentarios