Marcuse: A causa de Israel





En 1967, o filósofo marxista Herbert Marcuse deu unha serie de conferencias na Universidade Libre de Berlín, reunidas no seu libro "O fin da utopía (Siglo XXI, 1968). No decorrer dos debates defendeu de forma incisiva a causa de Israel.
“Non podo esquecer”, afirmou, que os xudeus “por séculos foron perseguidos e oprimidos e que seis millóns deles foron aniquilados non hai moito tempo. E cando se crea para eses seres humanos un espazo no cal non deberan temer máis a persecución e a opresión, isto constitúe un obxectivo co cal me declaro identificado... celebro coincidir nisto con Jean-Paul Sartre, quen di: "o único que debe ser evitado, a calquer prezo, é unha nova guerra de extermínio contra Israel”. Esa identificación con Israel posue profundidade histórica. Os movementos revolucionarios europeos loitaran sempre contra o sistema social e económico expropriador que enxendrou, entre outras violencias, a intolerancia étnica e relixiosa. Especialmente contra o anti-semitismo, xerador de atrocidades e reprodutor da ignorancia. Para os que viviron o final da guerra tiñan claro que a partición da Palestina foi unha gran vitoria da xustiza e unha acción libertadora. A decisión das Nacións Unidas recoñeceu dereitos, tanto dos xudeus que ali vivian, tanto dos árabes. Convidounos á coexistencia e entendemento. Israel representou non só a realización dunha esperanza milenaria e o recoñecemento universal da dolorosa traxetoria dun pobo, tamén o triunfo humanista da tolerancia. “Existe na esquerda”, portanto, continuou, “unha identificación moi forte e moi comprensíbel con Israel.” Mais Marcuse lembrou que desde o inicio “os representantes árabes −e non calquera representantes− declararan firmemente, e en voz alta, que se debia facer contra Israel unha guerra de exterminio...”. Tal actitude se identificaba coas forzas que foran derrotadas en 1945. A afirmación de Ahmadinejad [presidente do Irán], proclamando a necesidade do exterminio, ou a de Hamas negando o recoñecemento á resolución da ONU, de 1947, da continuidade, portanto, a primitivos movementos reacionarios. Marcuse prantexou tamén outra cuestión. A actitude de intolerancia foi evidente desde o principio, pero a posición dos soviéticos, a partir de determinado momento, perturbou un entendemento correcto do asunto. Segundo Marcuse, “o conflito entre Israel e os Estados árabes se converteu nun conflito entre os Estados Unidos e a Unión Soviética, e saiu do ámbito rexional”. Iso propiciou que “fose fácil identificar Israel co imperialismo, e a causa árabe co anti-imperialismo”. Fácil, mais non verdadeiro. No que di respecto a Israel, segundo Marcuse, “propostas de entendemento foron formuladas por Israel reiteradamente e esas propostas sempre foron rexeitadaas polos representantes árabes”. Isto é, non foi Israel o primeiro responsábel da confrontación. Sempre buscou Israel a conciliación e apenas se defendeu, mesmo, segundo Marcuse, en 1967. Israel se constituiu como sociedade democrática, fortemente influenciada polos ideais socialistas. Non había moito (1950) que Martin Buber afirmara a existencia de dous núcleos socialistas no mundo: Moscu e Jerusalém (Camiños de utopia, FCE, 1955). E non o fixo de forma retórica: o papel da economia socializada era grande, e ainda é moi significativo, en Israel. O anti-americanismo non constitue, por si só, proba de política progresista, asegurou, sensatamente, Marcuse. Os EUA son atacados pola esquerda, mais tamén pola dereita, e por diferentes razóns. Lembrémonos do similar erro de Gandhi, no limiar da Segunda Guerra Mundial. O Mahatma buscou o apoio de Mussolini, pola única razón de ambos seren hostis aos ingleses. Nada mais equivocado. A reación que se desenvolve no mundo musulmán desde 1945 é, en xeral, retrógrada e reacionaria. Vólvese contra Israel. Pero, através del, tamén contra o liberalismo e o dereito laico occidental e os princípios da soberania popular. Nun sentido máis amplo, é hostil ao socialismo, evidentemente. Insiste, con crecente virulencia, na forza da ignorancia relixiosa e na intolerancia política. Afonda as súa sociedades en autocracias retrógradas e corrompidas. Que os pobos árabes e musulmáns necesitaban de revolucións parecíalle claro a Marcuse, mais revolucións libertadoras e democráticas. Por esas razóns, Herbert Marcuse defendeu, en Berlín, no distante 1967, non só aos vietcongs, tamén a causa de Israel. Sen dúbida, os árabes, os iranianos ou os curdos –e todas as nacións e pobos− teñen dereito á autodeterminación, a un lugar propio no mundo. Pero non a partir do extermínio de outros pobos e seres humanos. Cando Sartre defendeu con paixón que “o único que debe ser evitado, a calquer prezo, é unha nova guerra de extermínio contra Israel”, pensaba certamente que a causa de Israel non pertence só aos israelis ou aos xudeus. É unha causa da Humanidade. Símbolo da vitoria contra o poder aniquilador da ignorancia. Verdadeira e virtuosa.

Comentarios

Jaume dixo…
Estimado amigo:

Un gran articulo. Ciertamente, no alcanzo a entender como determinados colectivos de extrema izquierda o de la izquierda socialdemocrata ven con buenos ojos a los movimientos islamistas.
Desde mi punto de vista, la extrema izquierda comparte con ellos algunos puntos en común:

Antiamericanismo: una característica común en ambas y especialmente notoria en estos últimos años, tras la desastrosa política estadounidense en oriente medio y en asia central. Los fracasos de la administración bush en Afganistán e Irak son una clara muestra.

Oposición al neoliberalismo: otra característica común aunque ambas ideologías apuestan por soluciones muy diferentes.

Oposición al neocolonialismo: por motivos muy diferentes pero ambas se oponen al neocolonialismo. Quizás la invasión estadounidense de Irak sea el mejor ejemplo de política neocolonial en los últimos años.

Ahora bien, las soluciones que defienden la extrema izquierda y las corrientes islamistas son totalmente diferentes y creo que opuestas. De hecho, cuando los islamistas han alcanzado el poder a los primeros que han perseguido han sido a los "ateos y a los comunistas".
De ahí que yo no alcance a entender esa fascinación de determinados colectivos de extrema izquierda por los movimientos islamistas. Saludo y felicidades por tu blog. Posteas unos articulos muy interesantes.