PEDRO GÓMEZ-VALADÉS E O ANTISEMITISMO GALAICO.


Por Afonso Vázquez-Monxardín

Baixo a vía do tren hai unha vella pintada que di: "Non á guerra: Destruír Estados Unidos e Israel". Moléstame a incorrecta utilización do infinitivo como imperativo, pois a estupidez da segunda parte dáme pé a falarlles sobre un modo despistado de entender a esquerda, pasotista e obtuso.

Estados Unidos e Israel son dúas democracias. Israel, a única do Oriente Medio. Outra cousa é a valoración que fagamos das respectivas políticas. E ademais, como son democracias, cambian. A Inglaterra democrática portouse moi mal cos nosos irmáns irlandeses e deixounos morrer de fame no XIX. Estados Unidos gañou por nós a guerra de liberación que foi a II Mundial e logo meteu o zoco varias veces. Pero non se debe falar de destruír democracias. Contradicir, combater políticas, claro, pero non destruír democracias. En Israel hoxe hai ministros árabes. O país de Edgar Alan Poe, de Woody Alen, do Bruce Springsteen que falou galego no Monte do Gozo, non é o inimigo. Nin o de Bill Clinton que en Camp David, con Arafat e Rabin, intentou a paz. Non debemos pois caer na simplicidade. Promovamos aliados internos de paz e progreso. Ah. Pero con Israel todo vale. De nada serve a historia e que a Organización das Nacións Unidas intentase no ano 1948 o que segue a intentar hoxe Israel: dous estados, un israelí e outro palestino.

O vello demo antisemita, o que na idade media permitía matar xudeus acusándoos de deicidio, o que na vella Rusia tsarista publicou os Protocolos de Sión -un falso plan xudeu para controlar o mundo- e promoveu horribles progrooms... O vello demo antisemita que fixo que Hitler e Stalin funcionasen parecido, o que llepermite a Ahmadineyad ameazar co holocausto final, encarnouse galego: No BNG e baixo o maxisterio espiritual da UPG. É lícito seica defender a irmandade con Cuba ou con Corea do Norte, sen eleccións e con presos políticos. Pódense admirar as bandeiras que levan os suicidas ao entraren nos autobuses escolares de Tel Aviv. Pódese mesmo facer unha estraña e confusa referencia á defensa racial... como fai o punto 7 das "Medidas de tipo político administrativo" do hoxe delirante programa da UPG.

Ah, pero compartir a idea do socialista Shlomo Ben Ami, creador da esperanza, e organizar unha voz galega pola paz en Medio Oriente desde a óptica da defensa do dereito a existir de Israel, é delito para o antisemitismo galego. Pedro, amigo, amante de Europa e da xusta causa da paz entre Israel e os árabes de Palestina, pelexa pola túa razón... pero que creo que estarías mellor lonxe de moita desa xente.

Comentarios

Anton dixo…
Levo desde os 18 anos participando nas listas do BNG ás municipáis, na ilha de Arousa, antes polo concelho de Vilanova. Media vida indo a reunións. Para uns é capital que este país se chame “nación”, “nazón”, “nazóm” ou “nação”. A min dame igual. Non sinto especial fervor porque o Bloque se chame nacionalista. Apoio a esta forza polas ideas, non polos nomes. Igual respeito a quen se diga amigo dos israelís a título individual. Eu tenho conversas cada semana con xente de Israel e de Irán. Espero non ter que deixar de ir nas listas se esa cordialidade se convirte en amizade, por un ou outro lado. Israel fai asasinatos selectivos, e Irán lanza fatwas por "blasfemar". E se o presidente do Centro Galego de NY fose do BNG, sería expulsado? Ao fin e ao cabo non sería para preservar a cultura propia dumha xente integrada nun estado imperialista? Son imperialistas tamén os estudantes de Teherán?

Anton Millan *
Neto dun Ben (apelido de orixe gala, xudea, árabe ou celta?)
Sanderling dixo…
Es que ultimamente los autoproclamados de izquierdas son amantes de las dictaduras, de los países y pueblos donde la mujer está sometida, la democracia inexistente, los derechos humanos algo por descubrir, así que no me extraña nada que estén en contra de las personas que defienden a Israel y la pluralidad, ignorando el movimiento terrorista árabe.
Animo Sr. Gómez-Valadés estamos con Vd.
Leah dixo…
Shalom:
Somos una pequeña familia que vive en la costa de Alicante. Queremos expresar nuestro cariño y apoyo incondicional a D.Pedro Gómez-Valadés. Gestos como el suyo son tan escasos en nuestros días que casi podríamos decir que son "gestos en extinción". Y precisamente por eso, son tan nobles y valiosos a nuestros ojos. Que el Eterno de Israel bendiga y guarde bajo la Sombra de Sus Alas a quienes, como D. Pedro Gómez, aman a Su Pueblo Israel.
Am Israel jai!
Natán y Leah Pellicer-Bisquert
natanleah@yahoo.es