O DEREITO Á CRÍTICA AO ISLAM




O dereito á crítica ao islam



Por Pilar Rahola



Primeira cita. Ayaan Hirsi Ali, a deputada holandesa de orixe somalí condenada a morte por loitar contra a opresión da muller no islam, no seu libro Eu acuso: "Dous de cada tres guerras no mundo se libran no nome do islam. A idea de que o islam é unha relixión de paz non ten ningún fundamento".



Segunda cita. Wafa Sultán, psicóloga siria, nunha entrevista en Al Jazira: "Só os musulmás defenden as súas crenzas queimando igrexas, matando xente e destruíndo embaixadas. Este camiño non dará resultado. Os musulmás deben preguntarse que poden facer pola Humanidade, antes de esixir que a Humanidade nos respecte". Vive ameazada de morte.



Terceira cita. Fadéla Amara, musulmá de orixe arxelino e presidenta do movemento francés Nin Putas, Nin Submisas: "Son musulmá crente e considero o veo un instrumento de opresión contra a muller".



Podería engadir, aos nomes destas tres mulleres, outras moitas cuxa loita a favor da liberdade, no seo do islam, supuxolles vivir ameazadas. Ningunha delas insultou a esa relixión, pero todas recibiron a acusación de telo insultalo. O primeiro e máis terríbel co que nos topamos, cando intentamos un debate sosegado e democrático sobre o islam, é a demonización do pensamento crítico, sempre en boca de persoas que se outorgan a súa representación universal, e que presentan o islam como un dogma antidialético e ahistórico.



Escribín, hai anos, que ao islam lle urxe ter un Voltaire, e vendo a reposta que a dona Ndeye Andújar me dedica, na que dispara ad hominem, mata ao mensaxeiro convirtíndome nun ente cargado de prexuízos, e converte os meus argumentos críticos en insultos ao islam, aínda considero máis urxente apelar á Ilustración. Rebélome contra esta maldade do pensamento que se basea na negación do debate a verdade dos seus argumentos. Rebélome porque é unha postura maniquea e antidemocrática. Pode que Andújar teña medo ao pensamento libre --é bo ler a Fromm--, pero non poderá evitar que, a pesar da demonización, algunhas persoas sexamos seriamente críticas co islam actual. Un apuntamento fundamental. Aínda que o intente, non atopará, en ningún texto meu, un só insulto á relixión. Respecto profundamente as crenzas de cada cal e, aínda que son de raigame racionalista, non considero que a fe sexa a fonte do problema. Pero si topará moitas reflexións preocupadas polo uso perverso da relixión en favor dunha ideoloxía totalitaria que, hoxe, no nome do islam, educa no fanatismo, no nihilismo suicida e no desprezo á muller. Se a dona Ndeye Andújar quere atopar insultadores do islam aos que sinalar, aconséllolle que mire para casa. Doulle algunhas ideas. Insultan severamente ao islam os que educan aos seus fillos para ser bombas humanas. Insultan ao islam os que establecen leis que escravizan á muller. Insultan ao islam os que educan no antisemitismo, no antioccidentalismo, no desprezo á liberdade. Insultan ao islam os que usan a técnica do século XXI para conectala coa Idade Media. Insultan ao islam os que convidan aos nenos a ferirse ate o delirio para conmemorar a morte de alguén que desapareceu hai séculos. E, si, insultan ao islam os que, dende mesquitas occidentais, animan a tapar ás súas mulleres, a enviar aos mozos a combater en Iraq ou a considerar a democracia unha maldade infiel.



Non sabía que isto ocorre en mesquitas catalanes, francesas, españolas, inglésas...? Convídoa a ler algúns informes, ou incluso a coñecer os motivos das expulsións dalgúns imáns en Francia. Todas as mesquitas? Por suposto que non. Por suposto que existe unha mirada progresista e democrática do islam. Pero convive con ela, e de xeito moi estendido, unha ollada regresiva, fanática e antimoderna. Esa mirada, para desgraza de todos, ten moito poder e recibe moito diñeiro. E esa mirada, por certo, ten unha especial obsesión en impor o veo, metáfora inequívoca da negación da liberdade da muller.



Poderíamos discutir outras cuestións. Por exemplo, Ndeye Andújar asegura que a Universidade Islámica de Al-Azhar nega a validez coránica da ablación. Pero esquece que na mesma universidade hai estudosos que avalan a súa práctica. E tamén esquece que desde Al-Azhar alimentáronse algunhas das lecturas fundamentalistas do Corán que máis dano ideolóxico fixeron. Fundadores dos irmáns musulmás de Exipto, desde Hassan al-Banna ate Sayyid Qutb ou Yousouf al-Qaradawi, beberon das súas fontes. E os seus textos, paradigma do discurso integrista máis totalitario, son lectura na maioría de centros islámicos europeos. O tema, pois, nin é tan simple nin é tan bonito. En lugar de intentar demonizar aos que erguemos a nosa pluma para denunciar os abusos no nome do islam, farían ben as Ndeye que nos rodean en dedicar os seus esforzos a combatelos. O inimigo do islam non somos as mulleres que defendemos a liberdade. O inimigo está na casa, usa o nome de Deus en van e o pervirte a favor dunha ideoloxía perversa e totalitaria.



Unha última petición. Pénseo dúas veces antes de sinalarnos co dedo e acusarnos de insultar ao islam. Porque quero lembrarlle que algúns dos seus poden considerar esa acusación, unha diana.



www.pilarrahola.com

Comentarios