CONTRIBUIR Á ESPERANZA.


Por Abrham B. Yehoshúa.

O ano 2006 deu motivos dabondo para ser máis pesimistas. Durante o último século vivimos subidas e baixadas na nosa cota de optimismo e soubemos superar a desesperación e os malos augurios, que eran moito peores cós que se vaticinan agora. Non obstante, o último ano engadiu varios elementos que dan lugar a unha auténtica preocupación e que non debemos ignorar. Xa que logo, é preciso situalos no seu contexto histórico adecuado para asimilalos mentalmente antes de decidir como afrontalos na práctica. Do mesmo xeito que nos xactamos de que é un feito único na historia da humanidade a volta do pobo xudeu a unha situación de Soberanía na súa propia terra tras dous mil anos de exilio, un exilio voluntario pese á opinión maioritariamente aceptada, así debemos tamén admitir que os palestinos, aos que este feito afectou directamente, e o pobo árabe, implicado neste asunto de xeito indirecto, deben de lexitimar e aceptar un acontecemento único na historia, algo que resultaríalle difícil a calquera pobo. Polo tanto, debemos de recoñecer que dar lexitimidade a un feito excepcional na historia é un proceso lento e complicado, cheo de buracos e obstáculos. Hai dous elementos novos, moi perigosos, que se revelaron no último ano e que explican os retrocesos que se produciron neste proceso tan complexo:1. A sensación crecente entre moitos palestinos de que se son pacientes e nos próximos anos se manteñen firmes na súa negativa a non recoñecer a lexitimidade dun Estado xudeu veciño dun Estado palestino lograrán converter Israel, por medio da adhesión, nun Estado binacional, que a longo prazo acabaría sendo un Estado palestino cunha minoría xudía. 2. A agresiva entrada en escena de Irán e a súa loita por borrar do mapa ao Estado de Israel e por en interdito o seu dereito lexítimo a existir, apelando para iso á solidariedade islámica. E ademais, faino sen aludir a ningún conflito territorial ou político. Doutra banda, debemos entender que se trata dun cambio drástico na política iraniana, xa que durante máis de trinta anos Irán mantivo relacións diplomáticas regulares e incluso amigables co Estado israelí. Estes son os dous factores que xeran un novo pesimismo no longo camiño que durante tantísimos anos levamos percorrendo. Por iso, co fin de que o pesimismo non bloquee o sentido común e a intelixencia, Israel debe propoñerse dous obxectivos claros:1. Ampliar a súa lexitimidade no mundo árabe e musulmán, principiando negociacións de paz con Siria. Non esquezamos que cando na última guerra do Líbano a aviación israelí bombardeou barrios en Beirut, Exipto e Xordania non só non romperon relacións diplomáticas con Israel, senón que nin sequera chamaron a consultas aos seus embaixadores en Tel Aviv, aínda que fóra como un xesto simbólico de protesta polo que estaba acontecendo no Líbano. É dicir, a pesar de todas as crises e a rabia pola ocupación, a pesar de guerras xustas e inxustas, aínda queda no mundo árabe unha idea estábel que lexitima a Israel, e esa idea é a que hai que estender acadando a paz con Siria e incluso con Líbano. 2. Rematar coa visión dos palestinos de recuperar toda a terra, e para iso os territorios de Cisxordania deben de repartir entre os dous pobos. E se a curto prazo non é posíbel acadar acordos globais e tampouco se quere volver ao modelo de desconexión unilateral, tal como se fixo en Gaza, si se pode en cambio comezar coa evacuación unilateral de asentamentos illados de colonos sen evacuar ao exército. Deste xeito, se pode seguir garantindo a seguridade ate que se consiga, se se consigue, un acordo de paz completo. Nas nosas mans está reducir e frear o proceso de enmarañamiento dos territorios no que viven ambos pobos. Ademais, un desmantelamento unilateral de colonias xudías sen evacuar de momento ao exército reduciría tamén os perversos recovecos que debuxa o valado de separación e faría que diminuíse o número de postos de control. O novo pesimismo que nos traeu o último ano, agudizado ademais pola febleza que mostrou o exército israelí na segunda guerra de Líbano, non se pode ignorar así sen máis, senón que debemos enfrontarnos a el actuando con sensatez e sobre todo con realismo, co fin de contribuír á esperanza.
Artigo publicado no xornal LA VANGUARDIA o 21.01.07

Comentarios