A Axencia Reuters tivo que emitir unha declaración pedindo desculpas tras descubrirse a burda montaxe dunha fotografía “modificada” . A fotografía tomada por Adnan Hajj, amosa nubes de fume que saen do centro de Beirut tras un ataque da aviación israelí, foron modificadas para agregar máis nubes de fume das que había realmente para así mostrar máis destrución da cidade. Na nota de prensa, Reuters di cunha "fina irinía" que acepta que “o editor do software foi incorrectamente utilizado nesta imaxe. Pedimos desculpas polas inconveniencias”. A directora de relacións públicas de Reuters Moira Whittle dixo que a empresa suspendeu ao fotografo ate que finalicen as investigacións sobre os cambios realizados na fotografía.
“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”.
Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" 1967.
sexta-feira, junho 30, 2006
quarta-feira, junho 14, 2006
CARTA A UN AMIGO ANTISIONISTA
"Carta a un amigo antisionista", publicado por Martin Luther King no "Saturday Review", Nº XLVII, de agosto de 1967, no que poidemos ler: "Ti dis, meu amigo, que non odias aos xudeus, que es só "antisionista". E eu dígoche: Quen critica ao Sionismo, critica aos xudeus”.
"O antisemitismo, o odio aos xudeus, permanece como unha mancha no espírito da humanidade. Entón, entende isto: o antisionismo é, en esencia, antisemitismo, o odio ao Pobo xudeu, e así sempre será."
"Por que é así? Ti sabes que o o Sionismo é nin máis menos que o soño do Pobo xudeu de retornar á súa Terra. As Escrituras dinnos que unha vez floreceron na Terra Santa. De alí foron expulsados polo tirano romano, os mesmos romanos que mataron á o noso Señor" "O Pobo negro, meu amigo, sabe que é sufrir o tormento da tiranía baixo as regras impostas por gobernantes que non eliximos. Os nosos irmáns de Africa pregaron, imploraron, pediron, DEMANDARON que se lles recoñeza o seu dereito natural a vivir en paz no seu propio país, soberanamente."
"O antisemita regodease en cada oportunidade na que pode liberar a súa malicia. Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca sempre novas formas e foros onde poder instilar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!"
| Reaccións: |
Assinar:
Postagens (Atom)
