REUTERS FALSIFICA UNHA FOTOGRAFÍA

Reuters falsifica fotografías.
A Axencia Reuters tivo que emitir unha declaración pedindo desculpas tras descubrirse a burda montaxe dunha fotografía “modificada” . A fotografía tomada por Adnan Hajj, amosa nubes de fume que saen do centro de Beirut tras un ataque da aviación israelí, foron modificadas para agregar máis nubes de fume das que había realmente para así mostrar máis destrución da cidade. Na nota de prensa, Reuters di cunha "fina irinía" que acepta que “o editor do software foi incorrectamente utilizado nesta imaxe. Pedimos desculpas polas inconveniencias”. A directora de relacións públicas de Reuters Moira Whittle dixo que a empresa suspendeu ao fotografo ate que finalicen as investigacións sobre os cambios realizados na fotografía.

Comentarios