DECLARACIÓN DE CASABLANCA



DECLARACIÓN DE CASABLANCA


No marco das súas reunións regulares, o Comité Oriente Medio da Internacional Socialista, SIMEC, reuniuse en Casablanca o venres 7 de abril de 2000, a fin de examinar o desenvolvemento da situación no Oriente Medio e analizar o desenvolvemento do proceso de paz na rexión.

Logo de proceder á análise dos últimos acontecementos e de estudar os progresos, as dificultades e as perspectivas, do proceso de paz árabe-israelí en todos os seus aspectos, o Comité: Recorda as posicións adoptadas pola da IS sobre os diversos aspectos do proceso de paz no Oriente Medio, posicións expresadas solemnemente no Congreso da IS, celebrado en París, do 8 ao 10 de novembro de 1999.

Expresa a súa satisfacción polos avances experimentados desde entón nas negociacións palestino-israelís, así como polos progresos realizados polas dúas partes na aplicación das cláusulas do Acordo de Wye River e de Sharm-o-Sheikh, principalmente a posta en práctica do segundo redespliegue israelí en Cisxordania.

Constata con optimismo a reanudación do proceso final das negociacións e insta a ambas partes, israelí e palestina, a respectar o calendario previsto para a conclusión do ciclo final das negociacións. Reafirma a súa determinación para que o proceso de paz, en todos os seus aspectos, se restableza conforme aos principios e ás bases do dereito internacional e da mutua seguridade e no estrito cumprimento das Resolucións 242, 338 e 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas, dos términos de referencia da Conferencia de Madrid, dos Acordos de Oslo, así como de todos os compromisos establecidos e os acordos concluídos entre as dúas partes.
Solicita á parte israelí por fin ás accións de colonización nos Territorios Palestinos, conforme aos compromisos subscritos no marco dos Acordos de Oslo e exhorta ás dúas partes a absterse de recorrer a toda medida unilateral susceptible de frustrar ou prexudicar o resultado das negociacións sobre o estatus definitivo.

Convida ás dúas partes a redobrar os seus esforzos e a súa determinación nas negociacións en curso, para a aplicación do terceiro redespliegue en Cisxordania, como tamén outros temas pendentes sobre o Acordo Interino a fin de por fin á fase de transición e comezar en mellores condicións o ciclo final das negociacións. Convida ás dúas partes a demostrar flexibilidade e creatividade ao tratar as complexas e delicadas cuestións da axenda das negociacións sobre o estatus permanente.

Insiste sobre a importancia dun diálogo a todos os niveis por parte das dúas sociedades civís involucradas e fai un chamamento á comunidade internacional a que axude a desenvolver e promover as actividades entre os dous pobos. Reitera a vital importancia de conceder unha axuda económica á Autoridade Palestina, de fomentar a cooperación económica na rexión e proporcionar asistencia, en todos os sectores, a fin de que o pobo palestino poida mellorar o seu nivel de vida.

Renova o seu chamamento a Israel e Siria a reiniciar as negociacións a fin de definir un apropiado marco para a construción da paz e convida ás dúas partes a lograr unha solución xusta e permanente, conforme ás resolucións da ONU e aos términos de referencia da Conferencia de Madrid.

Toma nota da declaración do goberno de Israel sobre a retirada israelí, o vindeiro mes de xullo, dos territorios ocupados ao sur do Líbano e exhorta ao goberno israelí a respectar escrupulosamente as disposicións da resolución 425 da ONU, con arranxo á cal debería efectuarse esta retirada. Recorda a decisión do Congreso da IS en París os días 8 ao 10 de novembro de 1999, solicitando ao Presídium, en colaboración con SIMEC, para que designe unha delegación de alto nivel que visite Siria e o Líbano, axiña que como sexa posible, co fin de dar realce ao proceso de paz.

Reafirma o compromiso da IS e do Comité Oriente Medio, para proseguir a súa acción incansábel por promover unha paz xusta e permanente no Oriente Medio, conforme ao dereito internacional, ás resolucións da ONU e ao principio básico de: "Paz por territorios".

DELEGACIÓNS PARTICIPANTES:

Presidente do SIMEC Bjorn Tore Godal(DNA, Noruega)
Secretario Xeral da Internacional Socialista, Luis Ayala
ALEMAÑA Partido Socialdemócrata de Alemaña,SPD Wolfgang Weege
BELXICA Partido Socialista, PS Simone Susskind
ESPAÑA Partido Socialista Obrero Español,PSOE María Irigoyen
FRANZA Partido Socialista,PS Joseph Tohmé
ISRAEL Partido Laborista de Israel Colette Avital
ISRAEL MERETZ Latif Dori
ITALIA Demócratas de Esquerda, DS Nicola Manca,Gianfranco Brusasco
LIBANO Partido Socialista Progresista, Doureid Yaghi
MARROCOS Unión Socialista das Forzas Populares, USFP Abderrahman Youssoufi, Mohammed Lakhssassi, Hamid Bel Kadi, Rachid Ben Abdellah, Aïcha Ben Larbi, Nezha Chekrouni, Mohammed Ait Kaddour, Manna Snoussi Maati Souhail, Mohammed Sabri, Boughaleb El Attar Jalal Tahar, Mohamed Karam, Abdellah Cherkaoui
NORUEGA Partido Laborista Noruego, DNA Tonje Westby
AUTORIDADE NACIONAL PALESTINA, PALESTINA Al Fatah, Hani Al-Hassan, Hanna Siniora, Ilan Halevi
PORTUGAL Partido Socialista, José Lamego
SUECIA Partido Socialdemócrata, SAP Berndt Ekholm
TUNEZ Asemblea Constitucional Democrática, RCD, Hachmi Amri
Grupo Parlamentar do Partido Socialista Europeo, Jannis Sakellariou
Secretariado da Internacional Socialista, Harriet Ogborn

Comentarios